Gran Prix Turbotalina
·Preme na pantalla de xogo para poder moverte.
·Para xogar no teléfono, baixa e descarga a versión para Android.
·Gran Prix Turbotalina e un videoxogo desenvolto por Qaramelo Videoxogos en colaboracion con
·Un endless-runner - o que ven sendo un xogo de correr sen parar coma pita sen cabeza - ambientado na Baixada das Carrilanas de Esteiro con motivo do lanzamento do novo single da banda 'Costa Abaixo'. Que xa que estamos, corre ouvir tremendo tema agora mesmo se non o escoitaches.
Que vas atopar no xogo?
·Primeiro de todo, un menú de inicio xogable. Para adentrarte no gameplay do xogo en si ou no resto de menús, terás que percorrer este menú de inicio cunha carrilana que se move sen estar costa abaixo. Que sei eu, quizais esta si que teña motor.
·O xogo. Semella que dentro do videoxogo hai un xogo coma tal. Inesperado. O gameplay é un clásico endless-runner no que manexarás unha carrilana cunha parella de terbutalinos ó volante. Terás que esquivar os obstáculos cambiando entre os tres carrís, pero sen saírte pa' algunha das cunetas.
·Unha tenda. Aquí podes mercar chuches. Non, pero parecido. Podes mercar até 9 deseños distintos de carrilanas, un reforzo para a carrilana que serve coma vida extra ou metros iniciais para comezar dende unha posición máis vantaxosa.
·Récords. Podes ver as túas 3 mellores marcas neste menú. Tamén podes validar a túa mellor marca e recibir a cambio o seu valor en filloas. So poderás validar até 3 récords.
·Referencias. A ver quen atopa tóda-las referencias á banda. Ánimo. Son sobre 10, quizais unhas menos, non o teño agora moi claro. Pero iso, que a ver quen as atopa. Non hai premio pero bueno.
·Esquiva, salta, agáchate... arrampla con todo no Gran Prix Turbotalina. Os controis son practicamente iguais para tóda-las versións, salvo que no móbil hai que toquetear a pantalla, mentres que no ordenador emprégase o teclado.
· "Partisipa no Gran Prix Turbotalina e gaña, que sei eu, un pase para ver ós auténticos Terbutalina ou un piso en Torrevieja!" - Migui Terbutalino, tráiler do Gran Prix Turbotalina
- O "Rally Gran Prix Turbotalina" é unha competición con premios tanto para o mundo dixital como para o mundo real, o de verdade. Como si o dixital fora mentira. Consideracións semellantes a parte, procédese a explicar a natureza, características e detalles sobre dita competición:
·Chegada a data indicada, publicaranse os tres gañadores do Rally Gran Prix Turbotalina e outorgaránselle os premios correspondentes ós afortunados. 100% fake, no real. Digo, do revés.
Versión Gold 1.2:
· Engadido reinicio dende a metade da distancia alcanzada
· Corrixida UI de aviso para dous xogadores no menú inicial
· Corrixida a posición das chispas nos distintos deseños de carrilanas
· Corrixidos textos disclaimers das tendas
· Axustados prezos da tenda